Wednesday 15 de May de 2024

Charla destinada ás familias pobrenses sobre prevención de condutas adictivas


Dándolle continuidade ó proxecto relativo á prevención de condutas adictivas no ámbito escolar que se materializou, primeiramente, a través de obradoiros dirixidos a estudantado de 4.° da ESO do IES da Pobra do Caramiñal, agora chega a quenda da charla destinada ás familias, que será impartida polo psicólogo Juan Carlos Permuy Bermúdez. O coloquio transcorrerá no Elma a partir das 19.00 horas do día 2 de xuño, seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

As persoas interesadas en asistir débense inscribir mediante a aplicación abalarMóbil, ata completa-la cabida máxima permitida actualmente.

Cómpre lembrar que o dito proxecto o impulsa o referido centro educativo en colaboración co Concello, a través da Concellaría dos Servizos Sociais, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG), xurdido das xuntanzas periódicas mantidas entre ámbalas partes implicadas.